O Proxecto

 
O Cadelo Lunático é un proxecto fundado en 2015 por Javier Prado (Moondogs Blues Party), que viña de gañar o premio Talentos ELPAÍS e quedar semifinalista no International Songwriting Competition en Nashville, entre máis de 15.000 proxectos internacionais.
 
Nace coa publicación do disco debut, Malos Tempos (2015, Inquedanzas Sonoras) presentado ese mesmo ano na Feira das Industrias Culturais, Culturgal. Toda unha declaración de intencións coa que trata de aportar música de raigame blues en galego, con letras que reflicten o momento social que nos toca vivir nesta época, incluindo ademais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro ou poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

 

A banda

 
A primeira formación da banda está composta por Belem Tajes (Lúar na Lubre, Vudú), Maritxiña (Vudú) e Olalla Ferga (La Senda de Afra). Esta formación xira durante o ano 2016 presentando o disco por toda Galicia. A banda resulta gañadora do XVIII Concurso de bandas de Cuac FM, tocando no Festival Noroeste Estrella Galicia xunto con Ocean Colour Scene e The Editors.
 
Na actualidade, o proxecto ponse en marcha cun novo repertorio e coa formación composta por, Javier Prado (Moondogs Blues Party), Pedro de Gregorio (Showbiñas Experience), Jorge Arenaz (Booty Sweat) e Nico Rodríguez (Cora Velasco).

Javier Prado

Voz e guitarra

Pedro de Gregorio

Teclados

Jorge Arenaz

Baixo

Nico Rodríguez

Batería